Sobre Moldes
Moldes é unha empresa especializada en persoas con necesidades especiais e orientada ao servizo.
A nosa meta é conseguir a máxima satisfacción dos nosos clientes con produtos de calidade e cun servizo prestado para aconsellar a solución máis axeitada para cada caso.
Moldes naceu coa idea de dar servizo e solucións aos problemas da vida diaria das persoas e dos seus coidadores.
Ademais, ofrecemos os nosos servizos de pedicura e manicura para homes e mulleres. O mellor servizo para os teus pés e as túas mans, cos mellores produtos e adaptado ás necesidades de cada cliente, por iso tamén atendemos a domicilio.
Somos tamén un centro de técnicas naturais coas que buscamos o benestar para a túa mente, o teu corpo e o teu espírito, onde renovamos a túa enerxía para que todo volva brillar con luz propia.
En Moldes traballamos polo teu benestar.
A nosa tenda
