Envíos

Antes de formalizar o pedido vostede deberá seleccionar a modalidade de entrega que máis se axuste ás súas necesidades. Agás que teñamos acordada outra cousa, enviaremos o pedido consistente nos produtos relacionados en cada Confirmación de Envío en función dos prazos marcados por cada establecemento comercial de xeito individual dende a data da Confirmación de Pedido.

Teña en conta que existen circunstancias derivadas da personalización dos produtos ou circunstancias imprevistas ou extraordinarias que poden afectar á data de entrega.

Se por algún motivo non puidésemos cumprir coa data de entrega, informarémoslle desta circunstancia e lle daremos a opción de seguir adiante coa compra establecendo unha nova data de entrega ou ben anular o pedido con reembolso total do prezo pagado.

A efectos das presentes Condicións, entenderase que se produciu a entrega ou que o pedido foi entregado no momento en que vostede ou un terceiro indicado por vostede adquira a posesión material dos produtos, o que se acreditará mediante a sinatura da recepción do pedido na dirección de entrega establecida.